9 de Abril, festividade da deusa Nabia.

 Esta festa aparece consignada nun altar en Marecos (penafiel) onde lle renden culto á deusa Nabia, baixo advocación de deusa suprema e como deusa protectora dos danigos, e segundo a inscripción realizábase anualmente cada quinto día dos Idus de Abril ( que no actual calendario foi o día 9 de Abril do 147 D C ).


A chamada "tarifa sacrificial de Marecos" non só nos amosou parte do panteón castrexo ( que garda similitudes con outros panteóns indoeuropeos onde un deus celeste compite contra un deus da terra polo amor da Gran deusa) senón que tamén  gardou para nós o día da festividade do que semella ser un grandía festivo na honra á deusa Nabia, un ritual do seu tempo (con grandes sacrificios para o posterior banquete comunal) onde recibe o mellor dunha cabana gandeira por parte da familia dos Lucrecio. Poderiamso estar ante o día da súa voda co deus celeste Reve?




Comentarios

Entradas populares de este blog

A deusa Nabia en Monte Mozinho.

El arte de mover arte.