A deusa Nabia en Monte Mozinho.

 Monte do Facho e Monte Mozinho.

Ambos montes cuase parellos na veciñanza da cidade de Porto, no Monte do Facho atopouse un altar galaicoromano onde se sincretizaron deuses galaicos e romanos, coñecida esta ara como "tarifa sacrificial de Marecos" ao ser atopada nun monte de entullos por riba da aldea de Marecos (Penafiel) onde se ergue unha capela a unha virxe cristiá.




Neste altar grabado por 3 das súas 4 caras escribiron:
O(ptima) V(irgini) CO(-nservatrici / -rniferae?) ET NIM(phae) DANIGO/M NA-VIAE CORONAE VA/CA(m) BOVEM NABIAE AGNU(m) IOVI AGNUMBOVE(m) LACT(entem) [...] VRGO AGNU(m) / LIDAE COR(-nigeram/-nutam?)/ANNO(o) ET DOM(o) ACTUM (ante diem) V ID(us) APR(iles) LA/RGO ETMESALLINO (sic) CO(n)S(ulibus) CURATOR(ibus) / LUCRETIO VITULINOLUCRETIO SAB/INO POSTUMO PEREGRINO


O que soe ler como que a deusa Nabia Corona recibe dúas vítimas, una vaca e un boi. Nabia (sin epíteto) recibe un año e Xúpiter un año e un xato.
Logo menciona dúas s divinidades de lectura insegura que tamén reciben vítimas.
Logo o texto di que o itual fíxose no lugar e momento debido, xa que se trataría dunha festa anual, un 9 de abril de 147 d. C.

O ritual efectuouse por dous homes da mesma familia ,dos Lucrecios,, Vitulino e sabino, en representación da teuta dos Danigom.



No mesmo castro de Monte Mozinho apareceu un relevo de tres mulleres, que os autores soen relacionar tamén coa deusa e trazando o paralelismo coa deusa tripla Dana mentres que outros o dan como arte romano adicado ás deusas matres.
Non é o único lugar onde a deusa Nabia aparece acompañada de deuses poderosos. Durante o dominio romano o seu culto foi adaptando a forma romana cultista seno adorada baixo o nome de Diana ou Xuno, Nabia aparece na croa de San Cibrán de Lás xunto a Bandua e Xúpiter ( romanización do deus Reve) e outro deus sen nome ( só aparecen seus atributos "sadu vladu"= santo e beneficioso), no Monte Louredo ( Toén) aparece romanizada nun culto paredro de Xúpiter e Diana o cal nos fai relacionalos a nivel mitolóxico cun posible casamento entre a Gran deusa e o deus celeste Reve.

O culto á deusa Nabia estendíase pola franxa occidental da península ibérica aínda que non soe aparecer a nivel epigráfico cos outros deuses ( nin Bandua nin Cosus, aínda que "compartan territorio") e chama a atención que nesta inscripción de Marecos apareza duplicada ( como deusa e como ninfa) e recibindo os maiores sacrificios ao lado doutro deus supremo como é Reve.


Comentarios

Entradas populares de este blog

9 de Abril, festividade da deusa Nabia.

El arte de mover arte.