Caldeiro de Gundestrup e a mitoloxía celta.

 O relato mitolóxico reconstruído neste caldeiro pon en escea a unha gran deusa nai que casa sucesivamente cun deus do ceo, Taranis, e despois cun deus da terra, Esus.

Taranis aparece tanto en forma humana 





como na forma mixta de home e cervo, o Cernunnos

Este Cernunno aparece como deus do Inframundo e da riqueza, coa típica postura gala de sentado.

Ao final de inverno a deusa-Nai abandonado a Taranis polo seu novo amante, o deus da terra Esus, deus da vexetación e esposo primaveral da deusa nai que fuxe dos cans de Taranis.


O heroe e devoto de Esus, Esmertius, axudado pola deusa Nai mata ao coloso de Taranis. Para vingarse o deus do ceo Taranis, axudado por outros cans transforma en grullas á deusa Nai mais a Esus.


Pero eles recuperan a forma humana debido ao feitizo e sacrificio de tres touros a mans de Esmertrius, mentres permite tamén a Cernunnos que regrese á dimensión humana a fin de poder casrase logo coa deusa Nai e anovar o ciclo.


Esta mitoloxía dos pobos galos vése nas festas calendaria que tiñan lugar cada ano para celebrar os episodios correspondentes con cada estación do ano, así a celebración do descenso da deusa ao inframundo ten certas prolongacións nos costumes do réveillon, o sacrificio do cervo e o retorno de Essus á terra, celebrado con mascaradas ata o casamento de esus coa deusa, representados no piar dos nautas onde aparece Essus buscando á súa amada polo monte.


e as grulals van a pousarse sobre o animal que a traía de volta á forma humana.










Comentarios

Entradas populares de este blog

A deusa Nabia en Monte Mozinho.

9 de Abril, festividade da deusa Nabia.

El arte de mover arte.