O deus Reve

 Este deus é común a Galaicos e Lusitanos, recibe culto no interior de Galicia, León e todo Portugal.

Foi identificado como un deus semellante a Xúpiter ( polos seus altares atopados nas montañas) e Dagda debido a paralelos célticos eo seu nome relacionado coas correntes fluviais e todo o submundo de mitos celta relacionados neste caso coas augas e os deuses do Alén.

Ao estar relacionado cos ríos e montañas é semellante ao deus galo Taranis, recibiu adoración especialmente nas montañas como Monte Larouco (onde aparece como Reve Larauco e do outro lado da montaña só co apelativo e logo romanizado como Xupiter larouco) Monte Louredo, Cabeço das Fraguas, Serra do Marao, serra do Candamio, Casa del Sejo....por outro lado habería que contra os lugares onde apareceron aras ao deus Xúpiter, un dos deuses romanos mais adorados nesta franxa da península ibérica.



Pode parecer contradictorio un deus das montañas e dos ríos, pero este snacen neses altos e seu santuario mais grande estivo nas Burgas de Ourense e Cabeço das Fraguas.  


Tamén aparece no fondo dun val, cerca dorío en Xinzo de Limia apareceu un templo adicado cunha ara adicada a él e cerca da estatua chamada "sedente de Xinzo de Limia" que amosa un home galaico ( polas virias que leva nos brazos sábese) sentado e sostendo un vaso entre as mans, o cal o relacionaría co deus irlandés Dagda do caldeiro da abundancia.



#deusesgalaicos 



Comentarios

Entradas populares de este blog

A deusa Nabia en Monte Mozinho.

9 de Abril, festividade da deusa Nabia.

El arte de mover arte.