Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

O deus Reve

Imagen
 Este deus é común a Galaicos e Lusitanos, recibe culto no interior de Galicia, León e todo Portugal. Foi identificado como un deus semellante a Xúpiter ( polos seus altares atopados nas montañas) e Dagda debido a paralelos célticos eo seu nome relacionado coas correntes fluviais e todo o submundo de mitos celta relacionados neste caso coas augas e os deuses do Alén. Ao estar relacionado cos ríos e montañas é semellante ao deus galo Taranis, recibiu adoración especialmente nas montañas como Monte Larouco (onde aparece como Reve Larauco e do outro lado da montaña só co apelativo e logo romanizado como Xupiter larouco) Monte Louredo, Cabeço das Fraguas, Serra do Marao, serra do Candamio, Casa del Sejo....por outro lado habería que contra os lugares onde apareceron aras ao deus Xúpiter, un dos deuses romanos mais adorados nesta franxa da península ibérica. Pode parecer contradictorio un deus das montañas e dos ríos, pero este snacen neses altos e seu santuario mais grande estivo nas B...

9 de Abril, festividade da deusa Nabia.

Imagen
  Esta festa aparece consignada nun altar en Marecos (penafiel) onde lle renden culto á deusa Nabia, baixo advocación de deusa suprema e como deusa protectora dos danigos, e segundo a inscripción realizábase anualmente cada quinto día dos Idus de Abril ( que no actual calendario foi o día 9 de Abril do 147 D C ). A chamada "tarifa sacrificial de Marecos" non só nos amosou parte do panteón castrexo ( que garda similitudes con outros panteóns indoeuropeos onde un deus celeste compite contra un deus da terra polo amor da Gran deusa) senón que tamén  gardou para nós o día da festividade do que semella ser un grandía festivo na honra á deusa Nabia, un ritual do seu tempo (con grandes sacrificios para o posterior banquete comunal) onde recibe o mellor dunha cabana gandeira por parte da familia dos Lucrecio. Poderiamso estar ante o día da súa voda co deus celeste Reve?

A deusa Nabia en Monte Mozinho.

Imagen
  Monte do Facho e Monte Mozinho. Ambos montes cuase parellos na veciñanza da cidade de Porto, no Monte do Facho atopouse un altar galaicoromano onde se sincretizaron deuses galaicos e romanos, coñecida esta ara como "tarifa sacrificial de Marecos" ao ser atopada nun monte de entullos por riba da aldea de Marecos (Penafiel) onde se ergue unha capela a unha virxe cristiá. Neste altar grabado por 3 das súas 4 caras escribiron: O(ptima) V(irgini) CO(-nservatrici / -rniferae?) ET  NIM(phae) DANIGO/M NA-VIAE CORONAE VA/CA(m) BOVEM NABIAE AGNU(m) IOVI AGNUMBOVE(m) LACT(entem) [...] VRGO AGNU(m) / LIDAE COR(-nigeram/-nutam?)/ANNO(o) ET DOM(o) ACTUM (ante diem) V ID(us) APR(iles) LA/RGO ETMESALLINO (sic) CO(n)S(ulibus) CURATOR(ibus) / LUCRETIO VITULINOLUCRETIO SAB/INO POSTUMO PEREGRINO O que soe ler como que a deusa Nabia Corona recibe dúas vítimas, una vaca e un boi. Nabia (sin epíteto) recibe un año e Xúpiter un año e un xato. Logo menciona dúas s divinidades de lectura insegura qu...

Caldeiro de Gundestrup e a mitoloxía celta.

Imagen
 O relato mitolóxico reconstruído neste caldeiro pon en escea a unha gran deusa nai que casa sucesivamente cun deus do ceo, Taranis, e despois cun deus da terra, Esus. Taranis aparece tanto en forma humana  como na forma mixta de home e cervo, o Cernunnos Este Cernunno aparece como deus do Inframundo e da riqueza, coa típica postura gala de sentado. Ao final de inverno a deusa-Nai abandonado a Taranis polo seu novo amante, o deus da terra Esus, deus da vexetación e esposo primaveral da deusa nai que fuxe dos cans de Taranis. O heroe e devoto de Esus, Esmertius, axudado pola deusa Nai mata ao coloso de Taranis. Para vingarse o deus do ceo Taranis, axudado por outros cans transforma en grullas á deusa Nai mais a Esus. Pero eles recuperan a forma humana debido ao feitizo e sacrificio de tres touros a mans de Esmertrius, mentres permite tamén a Cernunnos que regrese á dimensión humana a fin de poder casrase logo coa deusa Nai e anovar o ciclo. Esta mitoloxía dos pobos galos vése n...